E-SOSTIBLE

Seguindo o camiño das empresas de servizos do sector, e-sostible inclúe novas ferramentas de traballo que permiten unha sistemización do mesmo e un coñecemento en tempo real por parte do cliente, xa sexa un particular, unha empresa ou a administración pública, comprometéndonos desta forma a cumprir os compromisos adquiridos e a dispoñibilidade de información para o cliente en calquera instante.

Con todo iso, e-sostible ofrece seriedade e compromiso no traballo, un servizo integral e unha satisfacción do cliente ao acabar os servizos, todo iso cimentado na valía e experiencia profesional, a responsabilidade e o entusiasmo dos seus traballadores.
Equipo técnico

e-sostible
dispón dun equipo de traballo no que se integran unha serie de profesionais, ademais doutro grupo de colaboradores habituais da mesma, que completan un equipo de traballo multidisciplinar que permite garantir a realización de traballos cun resultado óptimo.
Enxeñeiros agrónomos e Enxeñeiros técnicos agrícolas.
Enxeñeiros de montes e Enxeñeiros técnicos forestais.
Enxeñeiros técnicos industriais.
Enxeñeiros técnicos e superiores de minas.
Enxeñeiros técnicos de obras públicas.
Enxeñeiros de camiños, calanes e portos.
Arquitectos.
Arqueólogos.
Licenciados en ciencias políticas e da administración (Máster en xestión de calidade total).
Licenciados en administración e dirección de empresas (Máster en banca e finanzas).
Equipo de deseño gráfico.
Programador informático.
Técnico superior en sistemas de frío industrial e perito de seguros.